Non diga natureza, diga Xeve

Pontevedra
03 de abril 2016

O mal tempo non foi impedimento para que a asociación cultural Sondexeve organizase este domingo a segunda edición da Festa da Natureza, coa que dá a benvida á primavera

Participantes na segunda edición da Festa da Natureza en Xeve
Participantes na segunda edición da Festa da Natureza en Xeve / Diego Torrado

O mal tempo non foi impedimento para que a asociación cultural Sondexeve organizase este domingo a segunda edición da Festa da Natureza, coa que dá a benvida á primavera.

A xornada festiva tenta poñer en valor a paisaxe da parroquia de Xeve, polo que arrincou cunha andaina ata a fervenza de Seoane.

Tras a excursión, o Centro Cultural de Santa María de Xeve converteuse no centro da celebración cunha exposición de pezas de canteiría e unha comida popular, cunha gran paella.

A xornada contou ademais con animación musical a cargo do dúo Fírveda.