Non houbo "grandes incidencias" no tráfico durante o Nadal, segundo o Concello

Pontevedra
11 de xaneiro 2022

O goberno municipal fixo este martes unha valoración "positiva" do operativo de tráfico despregado na cidade durante o pasado nadal, nas que non houbo "grandes incidencias" na circulación, segundo a edil de Protección Cidadá, Eva Vilaverde

Circulación polas rúas de Pontevedra
Circulación polas rúas de Pontevedra / Mónica Patxot

O goberno municipal fixo este martes unha valoración "positiva" do operativo de tráfico despregado na cidade durante o pasado nadal, nas que non houbo "grandes incidencias" na circulación, segundo a edil de Protección Cidadá, Eva Vilaverde.

Desde que o 22 de decembro activouse este operativo, a Policía Local realizou unha vixilancia "en tempo real" do estado do tráfico nas tres zonas nas que se dividiu a cidade, analizando os fluxos de circulación para tomar as medidas necesarias en cada momento.

Así, entre os cortes puntuais de tráfico e a flexibilidade na regulación semafórica as rúas da cidade aguantaron o aumento de tráfico rexistrado nestas datas festivas.

Eva Vilaverde repasou o comportamento nos catro puntos máis sensibles.

Comezou polo cruzamento de Eduardo Pondal con Uxío Novoneyra, onde se cortou o acceso ao tráfico proveniente da Praza de Galicia "case todos os días", debido á presenza masiva de peóns no eixo de Benito Corbal e Sagasta, para garantir a fluidez da circulación.

En Barcelos, fundamentalmente os días 3, 4 e 5 de xaneiro, tivéronse que regular os accesos ao aparcamento soterrado da praza e mesmo realizar cortes puntuais na subida por Pai Gaite, ante o incremento do tráfico cara a Rouco e Cobián Roffignac.

A vacinación facía temer ás autoridades que houbese conflito en María Vcitoria Moreno e Manuel del Palacio pero, segundo a edil do BNG, houbo "cero problemas", igual que na zona do Mercado, onde a presenza dos axentes foi "constante".

Todos estes datos levan ao Concello a aseguran que aplicando os operativos de tráfico deseñados pola Policía Local "pódese controlar" a circulación en datas sinaladas, algo que suman á "rápida adaptación" dos condutores aos cambios propostos.