Non te alarmes se o sábado aparecen axentes do FBI por Pontevedra, están gamificando

Pontevedra
09 de marzo 2016

A Casa da Luz acollerá este luns 12 a primeira Gamification Jam que se realiza en Galicia, un encontro entre profesionais da docencia para buscar novas fórmulas de ensino que se poidan aplicar no ensino

Presentación de Gamification Jam
Presentación de Gamification Jam / Mónica Patxot
Que é a gamificación? /

Que é a gamificación? Unha fórmula para modificar as condutas partindo do xogo ("game" en inglés). Raquel Pedroso e Aitor Barbosa, os promotores da primeira Gamification Jam que se desenvolve en Galicia, falan de enxeñería da conduta ao referirse a este sistema cuxos beneficios poderán comprobarse este sábado 12 na Casa da Luz.

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, presentaba con estes promotores este evento destinado a docentes coa intención de que aprendan e practiquen novas fórmulas para romper co formato habitual de ensino. Raquel Pedroso apuntaba a que a súa avoa, a súa nai e ela estiveron sometidas ao mesmo modelo de aprendizaxe e resulta necesario modificar este sistema para as novas xeracións.

Desta forma, os docentes que participen neste encontro realizarán experiencias como exercer de axentes do FBI polas rúas de Pontevedra para descubrir un caso de asasinato. Trátase dunha actividade lúdica que servirá aos mestres para coñecer como aplicar os xogos á actividade académica. Desenvolveranse relatorios virtuais e presenciais, ademais de talleres de deseño.

Os organizadores indicaron que quedan aínda prazas por cubrir para esta Gamification Jam e os interesados teñen aberto o prazo de inscrición por un prezo de 10 euros. As actividades poderán seguirse por streaming, o hashtag do evento será #GJG2016 e toda a información pódese obter a través da conta de twitter: @gamificationjam