'Non te imaxinas todo o que un euro pon en marcha'

Pontevedra
06 de maio 2015

A clave para combater o cancro é a investigación. A loita contra esta enfermidade gáñase a través dos avances dos científicos. As novas terapias, cada vez máis individualizadas, son unha garantía para que aumente o número de pacientes que superan un tumor. Pero a investigación non sería posible sen financiamento. Para lograr eses fondos, a Asociación Española contra o Cancro celebra este mércores a súa colecta anual

A Asociación Española contra o Cancro celebra a súa colecta anual
A Asociación Española contra o Cancro celebra a súa colecta anual / Mónica Patxot

A clave para combater o cancro é a investigación. A loita contra esta enfermidade gáñase a través dos avances dos científicos. As novas terapias, cada vez máis individualizadas, son unha garantía para que aumente o número de pacientes que superan un tumor. Pero a investigación non sería posible sen financiamento. Para lograr eses fondos, a Asociación Española contra o Cancro celebra este mércores a súa colecta anual.

A Xunta Provincial de Pontevedra puxo a disposición da colecta, 26 mesas petitorias e 237 voluntarios, dos cales 147 foron nenos procedentes dos colexios SEK-Atlántico, Sagrado Corazón e Los Sauces. En total 307 petos.

Os xogadores do CF Pontevedra, Adrián Gómez e Fran Fandiño estavieron presentes como voluntarios nunha das mesas petitorias, ao igual que xogadores da SD Teucro, co seu adestrador Quique Domínguez á fronte, demostrando que potenciar a investigación é tarefa de todos.

Como di o lema elixido para esta xornada 'non te imaxinas todo o que un euro pon en marcha'.