Normalidade no inicio do curso en secundaria, bacharelato e FP

Pontevedra
15 de setembro 2014

Os sindicatos educativos tamén se trasladaron as súas críticas con motivo deste curso que arranca advertindo da maior "temporalidade" nos equipos dos centros educativos e denunciando "improvisación" do Executivo galego na aplicación da Lomce  

Alumnos do Instituto Xunqueira 2
Alumnos do Instituto Xunqueira 2 / Mónica Patxot

O curso arrancou este luns con "normalidade" en ESO, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial.

No caso da cidade de Pontevedra, comenzaron as clases 1.560 alumnos de Bacherelato e 3.583 estudantes da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

O xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, recordou que nos programas de cualificación profesional aínda non se pechou o prazo de matriculación.

Pérez Ares acompañado da secretaria territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, Ana Ortiz, asistiu ao inicio de curso en ESO e Bacharelato no Instituto A Xunqueira II da cidade de Pontevedra para comprobar o remate das obras de mellora das beirarrúas do centro, nas que se investiron 6.000 euros.

En relación ás obras realizadas nos centros de secundaria da provincia, o xefe territorial asegurou que superou este ano aos 800.000 euros, dos cales 131.000 foron destinados á mellora dos edificios educativos da cidade do Lérez, onde se reformaron instalacións eléctricas, ascensores e estruturas.

QUEIXAS DO PROFESORADO

Os sindicatos educativos tamén se trasladaron as súas críticas con motivo deste curso que arranca advertindo da maior "temporalidade" nos equipos dos centros educativos, a falta de profesorado e un maior peso de interinos, a "escasa" oferta de emprego público e os problemas derivados do novo baremo do concurso de traslados, cuxa resolución se aplicou, á espera de decisións xudiciais pendentes e de recursos presentados.

En resumo, denunciando "improvisación" do Executivo galego na aplicación da Lomce.