Nova campaña de concienciación sobre a recollida de voluminosos en Marín

Marín
29 de maio 2021

A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Marín, Marián Sanmartín, e o responsable de Recolte, a empresa adxudicataria da recollida deste servizo, Juan José Castro, presentaron este venres unha nova campaña de concienciación sobre a recollida de voluminosos na vila

Nova campaña de concienciación sobre a recollida de voluminosos na vila
Nova campaña de concienciación sobre a recollida de voluminosos na vila / Concello de Marín

A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Marín, Marián Sanmartín, e o responsable de Recolte, a empresa adxudicataria da recollida deste servizo, Juan José Castro, presentaron este venres unha nova campaña de concienciación sobre a recollida de voluminosos na vila.

A través das ilustracións creadas por José Malvárez Carleos e Aldara Álvarez García, o Concello quere incentivar que se cumpran as normas de convivencia que teñen que ver coa recollida selectiva de residuos e, de xeito concreto, a recollida de voluminosos.

"Notamos en xeral un bo comportamento da cidadanía de Marín", aseguraron na presentación da campaña esta mañá no Concello, ainda que si que se detectan puntos de verquido específicos "que afectan á paisaxe".

O servizo de recollida é gratuito e no telefono 900 102 580

Por outra banda, os operarios da Asociación Juan XXIII realizaron traballos de mantemento e embelecemento das zonas axardinadas da Finca de Briz, de cara a manter en bo estado as zonas verdes do municipio.