Nova climatización para a piscina de Marín 20 anos despois

Marín
30 de novembro 2024
Actualizado: 18:16

Desde o Concello lembran que nos últimos meses estanse realizando outras melloras e inversións na piscina, como a reparación do ascensor. Están tratando de priorizar esta instalación

Piscina municipal de Marín
Piscina municipal de Marín / Concello de Marín

O sistema de climatización da piscina municipal de Marín vaise renovar coa instalación de nova maquinaria que vai substituír a que había desde hai 20 anos.

O Concello de Marín preparou un proxecto para esta renovación, que suporá cubrir unha "importante necesidade" nas instalacións. 

Este proxecto presentouse a unha subvención da Deputación de Pontevedra para actuar en infraestructuras deportivas. Xa se presentara e o organisimo provincial pedira un novo informe de Patrimonio. Agora, presentouse de novo adxuntándose ese documento.

En canto sexa aprobada a concesión da subvención, desde o Concello poderá impulsarse a licitación para renovar este servizo.

Desde o Concello lembran que nos últimos meses estanse realizando outras melloras e inversións na piscina, como a reparación do ascensor.

Ademais, renováronse hai pouco as maquinarias da sala de ximnasio e outro material para facer actividade fitness.

O Concello insiste en que están tratando de priorizar as inversións na piscina, que agora ten xestión municipal directa e está recibindo moitos máis fondos no día a día dos que se destinaron nunca.