Nova cuberta para o lavadoiro da Roza

Marín
09 de outubro 2020

Esta actuación do Concello de Marín conlevará tamén o acondicionamento da fonte e da súa contorna

Lavadoiro da Roza, en Marín
Lavadoiro da Roza, en Marín / Concello de Marín

O Concello de Marín levará a cabo unha actuación de restauración nun dos lavadoiros do municipio, dentro do plan de revitalizar estas instalacións.

Trátase en concreto do lavadoiro da Roza, no que se habilitará unha nova cuberta.

Actualmente non se atopa nun estado idóneo, aínda que conserva os muros da antiga cuberta. Ademais está previsto un acondicionamento da fonte e a súa contorna.

Estes traballos realizaranse con cargo a unha subvención de 10.413,46 euros da Axencia de Turismo de Galicia.

O Concello, na súa idea de poñer en valor estes enclaves etnográficos, habilitou recentemente a páxina web www.lavadoirosdemarin.com.