A Policía Local de Poio tivo constancia dunha nova modalidade de estafa no municipio.
Unha persoa denunciou nas dependencias policiais este venres que foi vítima dunha estafa cometida por unha persoa que se fixo pasar por peregrino.
Segundo a información difundida pola Policía Local, un home que tiña aparencia de peregrino pediulle axuda indicando que lle roubaran a carteira.
Indicoulle á vítima que non tiña diñeiro en efectivo nin diñeiro para conseguilo e pediulle se podía entregarlle diñeiro físico a cambio de devolverllo a través dunha trasferencia bancaria.
O estafador ensinoulle á vítima o seu documento identificativo e envioulle tamén un suposto xustificante de ter realizado a transferencia bancaria.
Con todo, ese diñeiro nunca chegou e a vítima quedou sen o diñeiro que lle deu en efectivo.
A Policía Local aconsella extremar as precaucións ante situacións similares e anima á poboación a denunciar.