Nova rotura dunha tubaxe do gas nas obras da rúa Progreso

Sanxenxo
08 de novembro 2019

Os traballos de reforma da rúa Progreso, no Concello de Sanxenxo, viviu este venres un segundo susto coa tubaxe do gas tras producirse unha nova rotura

Rotura da tubaxe do gas na rúa Progreso
Rotura da tubaxe do gas na rúa Progreso

Os traballos de reforma da rúa Progreso, no Concello de Sanxenxo, viviu este venres un segundo susto coa tubaxe do gas tras producirse unha nova rotura.

Segundo informou o Concello, a rúa tivo que ser cortada ao tráfico para emendar a avaría, que se produciu uns minutos antes das dez da mañá cando unha máquina escavadora levou por diante a condución principal.

A incidencia foi atallada de inmediato ao coincidir que se atopaban na rúa Progreso os técnicos da empresa do gas que procederon ao corte da subministración en tres puntos da vila.

Nesta ocasión non foi necesario desaloxar ningún edificio aínda que o Concello indicou que se inspeccionaron os inmobles por seguridade.