O punto limpo de Sanxenxo terá un novo peche perimetral e mellorará a canalización de augas pluviais.
O Concello anunciou que licitará proximamente novas melloras no punto limpo, tras as realizadas o ano pasado por 160.000 euros.
Nesta ocasión, as melloras están valoradas en 94.868 euros e financiaranse con fondos europeos e propios do Concello. A Conselleria de Medio Ambiente achega fondos europeos para cubrir o 90% do custo sen incluír o IVE. Pola súa banda o Concello cobre o 10% do custo e o IVE do custo total da actuación.
Todas as actuacións previstas teñen un prazo de execución de dous meses.
A actuación suporá actuar en todo o perímetro da parcela do punto limpo, xa que presenta unha gran deterioración con postes caídos e invasión de maleza que impide o bo mantemento do recinto.
Segundo a información facilitada polo Concello, vaise a construír un peche perimetral de malla electrosoldada con postes rectangulares encaixados en zapatas de formigón cada 2,5 metros.
No frontal da parcela vaise a construír un muro de contención de pedra.
No lateral este vaise a facer un muro de 1 metro de altura de formigón armado para evitar a entrada de auga da leira lindeira e unha gabia de formigón de 50 centímetros de ancho para a canalización das augas pluviais.
Ademais, vanse a substituír os portais existentes por outros automatizados.