Nova zona de estancia no acceso ao Local Social do Rañadoiro

Pontevedra
16 de outubro 2022

A mellora deste espazo, que ofrecía ata agora unha imaxe de descoido, supuxo un custe de case 27.000 euros e a reforma centrouse encrear un acceso de pedra confinado entre zonas verdes con árbores, plantas de flor e bancos para a veciñanza

Cambios realizados na contorna do Local Social do Rañadoiro
Cambios realizados na contorna do Local Social do Rañadoiro

A contorna do Local Social do Rañadoiro, na parroquia de Ponte Sampaio, presenta unha nova imaxe coa creación dunha zona de encontro veciñal. Estas obras, segundo informa o Concello de Pontevedra, supuxeron un investimento próximo aos 27.000 euros coa intención de ampliar a política municipal de ofrecer espazos de calidade nos núcleos rurais.

As obras consistiron na creación dun novo acceso de pedra limitado por zonas verdes con árbores, bancos e plantas en flor.

Tamén se instalou un valo de madeira, en lugar da anterior que era metálica. Ademais mellorouse a fonte situada na zona e limpouse de maleza todo o espazo.

O centro cultural do Rañadoiro inaugurouse en 2010 e inicialmente contaba con xogos infantís na entrada que, nos últimos tempos, atopábanse deteriorados e quedaran obsoletos.

Durante a elaboración do proxecto de reforma decidíase non repor estes elementos de xogo porque o espazo incumpre a normativa actual para a creación de parques de lecer infantil, segundo informa o goberno local.