Novas camelias para A Ferrería

Pontevedra
15 de maio 2015

Este venres persoal de Viveros Acroa procedeu plantar catro exemplares desta árbore. Algunhas foron vítimas dos canallas e outras fóronse secando "misteriosamente", polo que os operarios municipais retiraron aquelas árbores onde a súa recuperación non era posible

Prantación de camelias na Ferrería
Prantación de camelias na Ferrería / Mónica Patxot

O Concello repón con novas camelias os ocos que deixaran os exemplares desaparecidos na praza da Ferrería. Este venres persoal de Viveros Acroa procedeu a plantar dous exemplares desta árbore.

Algunhas foron vítimas dos canallas e outras fóronse secando "misteriosamente", polo que os operarios municipais retiraron aquelas árbores onde a súa recuperación non era posible.

Repuxéronse as catro camelias, repartidas por distintos puntos da praza.

A concellaría de Parques e Xardíns tamén ten previsto engadir novos bancos na parte baixa da praza, xunto aos soportais da rúa San Román.

Xunto con estas dúas actuacións, o goberno municipal anunciou que substituirá os quioscos da praza "por estruturas máis acordes co ámbito histórico no que se encontran".