Nove denuncias por rodas picadas e coches raiados durante o acto de Vox en Salcedo

Pontevedra
11 de febreiro 2019

Os danos causounos supostamente un veciño de  Salcedo ao que os asistentes ao acto observaron in fraganti picando rodas. Algunhas testemuñas retivéronlle, pero logrou escapar. En todo caso, achegaron á Policía Nacional datos relativos ao individuo que permitiu identificalo, se aínda non foi localizado 

Denuncia presentada polos danos na Finca Batacos
Denuncia presentada polos danos na Finca Batacos / Pontevedraviva

A Policía Nacional de Pontevedra recibiu entre este domingo e as primeiras horas deste luns un total de nove denuncias de propietarios de vehículos que na noite do sábado asistiron ao acto político celebrado por Vox na Finca Batacos de Salcedo e atopáronse con que alguén causou danos nos seus coches. 

Segundo indicaron fontes oficiais da Comisaría, entre os afectados hai propietarios aos que picaron unha ou varias rodas dos seus vehículos e outros aos que, ademais, tamén raiaron a carrocería nun ou varios puntos. 

Os danos causounos supostamente un veciño de Salcedo ao que os asistentes ao acto observaron in fraganti picando rodas. Nun primeiro momento, algunhas testemuñas retivéronlle, pero logrou escapar. En todo caso, achegaron á Policía Nacional datos relativos ao individuo que permitiu identificalo, aínda que fontes oficiais indicaron que aínda non foi localizado

As persoas que denunciaron o sucedido na Comisaría relatan que deixaron o coche aparcado na zona de estacionamento do recinto hostaleiro e, cando foron a recollelo, estaba danado. Entre eles, figuran persoas que acudiron ao acto por simpatías políticas co partido de extrema dereita ou para escoitar ao seu secretario xeral, Javier Ortega Smith, e tamén outros que se atopaban no recinto por traballo, como un fotógrafo de PontevedraViva que sufriu picadas en dúas rodas do seu vehículo

As vítimas son veciños de Pontevedra e Caldas de Reis e entre eles houbo algún que tivo que chamar ao guindastre para poder regresar á casa, pois lle picaron as catro rodas do coche.