Novidosa andaina de "Montes e Praias" de Marín con música dun coro de cámara

Marín
08 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A concelleira, Cristina Acuña, presentou esta mañá a nova andaina organizada polo municipio, que será o 21 de abril e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do Campo

Participantes nunha andaina
Participantes nunha andaina / Xunta de Galicia - Arquivo

Quince quilómetros de andaina polos montes e praias de Marín, cunha parada moi especial na Igrexa de Santa María do Campo. Así será a próxima saída organizada polo Concello de Marín.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, presentou esta actividade que terá lugar o domingo 21 de abril ás 09.00 horas con saída da Alameda. 

A inscrición xa está aberta a través do seguinte enlace.

O Lavadoiro do Souto, o Cruceiro do Vento, o Castro da Subidá, o Menhir de Currás, os muíños e a praia de Loira, así como as de Mogor, Aguete e Portocelo... son só algúns dos puntos turísticos e patrimoniais que veremos coa andaina, na que haberá unha parada diferente. Na Igrexa de Santa María do Campo, actuará o Coro de Cámara Thalassa.

A inscrición, coma sempre, é gratuíta.