Novo aparcabicis no edificio administrativo da Deputación

Pontevedra
18 de abril 2024

Esta nova instalación ofrece espazo para asegurar simultaneamente dez bicicletas e se sitúa na parte traseira do edificio. Está destinado á cidadanía en xeral e tamén ao persoal destas oficinas pertencentes á administración provincial

Espazo para aparcar bicis nas Palmeiras, detrás do edificio administrativo da Deputación
Espazo para aparcar bicis nas Palmeiras, detrás do edificio administrativo da Deputación / Deputación de Pontevedra

Desde este xoves 18 tanto o persoal da Deputación como a cidadanía en xeral conta cun novo aparcamento de bicicletas.

O estacionamento atópase na parte traseira do Edificio Administrativo, na contorna do Parque das Palmeiras. 

Dispón de cinco aneis, que permiten o aparcamento simultáneo de dez bicicletas, tanto convencionais como eléctricas. Ao estar situado na contorna dun edificio público vixiado tamén se reduce o risco de roubo.

Os aneis destacan pola súa estabilidade fronte á corrosión ao ofrecer gran resistencia ao paso do tempo e ás inclemencias climatolóxicas.

Con esta instalación, a Deputación sinala que responde á gran demanda deste tipo de espazos.

Ademais, desde a institución provincial quérese fomentar o uso da mobilidade sostible e a utilización do transporte non contaminante en traxectos curtos.