Novo servizo de Pediatría no Quirónsalud Miguel Domínguez cos doutores Ramiro Blanco e Mónica Camaño

Pontevedra
06 de abril 2017

O novo servizo conta cunha área propia, situada en consultas externas, deseñada co concepto de Diverhospital

Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez
Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez / Quirónsalud

O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez puxo en marcha o novo servizo de Pediatría que contará coa ampla experiencia dos pediatras Ramiro Blanco, coordinador do servizo, e Mónica Camaño. O novo servizo dispón dunha área pediátrica singular deseñada co concepto de Diverhospital, composto por sala de espera e dúas consultas que se sitúa na zona de consultas externas do hospital.

O servizo de Pediatría do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez prestará unha atención integral de coidado da saúde dos nenos de 0 a 14 anos, de forma ambulatoria ou sen ingreso. Ademais da detección e coidado das principais enfermidades que afectan os nenos, actuará tamén como promotor de hábitos de vida saudable nos nenos para asuntos como a hixiene persoal ou a alimentación equilibrada, entre outros.

"En idades temperás podemos introducir hábitos de vida saudable nos nenos que, ao longo da súa vida, promoverán un bo estado de saúde e poden evitar enfermidades. Ese labor podémola facer conxuntamente pais e pediatras desde a consulta", explica Ramiro Blanco.

A atención integral ao paciente pediátrico require do esforzo coordinado de moitos profesionais. Por iso, este servizo traballará en estreita colaboración co resto das especialidades médicas que ofrece a contorna hospitalaria e o equipo de enfermería, co obxectivo de que os nenos poidan beneficiarse do coñecemento e a experiencia de varios profesionais.

"Ademais, temos á nosa disposición unha contorna hospitalaria coa tecnoloxía necesaria para a realización de probas de diagnóstico que nos permitirá realizar un diagnóstico rápido e eficaz co menor trastorno para as familias", sinala a doutora Camaño.