Novos rexistros para investigar unha posible fraude nun establecemento de compravenda de coches en Mourente

Pontevedra
15 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Segundo informa a Policía Nacional, non se produciron detención e a investigación atópase baixo segredo de sumario. Este mesmo establecemento xa estivera inmerso noutro operativo policial en novembro de 2022 por un suposto tráfico ilícito de vehículos

Rexistro policial
Rexistro policial / Mónica Patxot

Numerosos axentes da Policía Nacional e da Policía Local de Pontevedra achegábanse a primeiras horas deste venres 15 ata un establecemento de compravenda de vehículos situado na avenida de Montecelo, na parroquia pontevedresa de Mourente.

Alí realizaban un operativo con rexistros e os axentes revisaron as intalacións. Ademais interrogaban a persoa encargada da xerencia do local comercial ao longo da mañá.

Segundo informa a Policía Nacional, ata o momento non se produciron detencións nesta intervención e o caso permanece baixo segredo de sumario.

O establecemento xa foi obxecto dun rexistro en novembro de 2022 cando varias unidades da Policía Nacional, en colaboración con forzas de seguridade portuguesas estableceron un operativo relacionado coa loita contra o crime organziado e se investigaba o posible tráfico ilegal de vehículos a escala internacional.