Novotec Consultores redactará o proxecto de mellora do bombeo de Cocheras

Pontevedra
02 de novembro 2021

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo da mellora do bombeo de Cocheras, en Pontevedra, cuxas obras suporán un investimento autonómico de 3,7 millóns de euros

Vista aérea da ría de Pontevedra

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo da mellora do bombeo de Cocheras, en Pontevedra, cuxas obras suporán un investimento autonómico de 3,7 millóns de euros.

Este contrato, adxudicado a Novotec Consultores, SA por preto de 94.000 euros, terá un prazo de execución de 6 meses.

O servizo adxudicado deberá definir un conxunto de infraestruturas hidráulicas na rede municipal para transportar desde Cocheras 1.600 litros/segundo cara á depuradora dos Praceres, en lugar dos 600 litros/segundo actuais.

A redacción do proxecto construtivo definirá novas conducións con capacidade para asumir o caudal na marxe da ría, estancas para evitar infiltracións, así como unha estrutura de desbaste para xestionar os sólidos grosos e que a auga residual que vai á depuradora chegue xa pretratada.

O obxectivo é iniciar este ano a redacción do proxecto construtivo e licitar as obras en 2022, cuxo investimento será achegado desde a Xunta, empregando tamén fondos europeos Feder 2014/2020.

Arquivado en