Na mañá deste Venres Santo tivo lugar unha das primeiras citas relixiosas desta xornada, a procesión do 'Encontro'.
Trátase dunha das cerimonias máis singulares da Semana Santa pontevedresa. Ás 09.30 horas saían dúas comitivas, unha da basílica de Santa María composta por homes, que acompañan á imaxe do Cristo coa Cruz ao lombo; a outra, formada por mulleres partía da igrexa de San Bartolomeu.
As dúas imaxes avanzan polo centro histórico ata atoparse na praza do Teucro, onde se realiza o sermón, dentro do Via crucis Penitencial. Numerosos fieis seguiron este ano esta procesión matinal.
Este venres acolle tamén outro dos actos relixiosos que conta con maior seguimento dentro desta semana Santa. Trátase da procesión xeral do Santo Enterro. Partirá ás 20.00 horas da basílica de Santa María coa participación de sete confrarías.
O percorrido partirá da avenida de Santa María, praza de España, Riestra, Oliva, García Camba, Peregrina, Soportais, Manuel Quiroga, Don Filiberto e Alhóndiga antes de recollerse de novo en Santa María.