Núñez Feijóo prevé que a máscara en exteriores xa non será necesaria no verán

Pontevedra
11 de maio 2021

Asegurou estar "convencido" de que a partir do próximo verán, concretamente "alá polo mes de xullo ou agosto" xa non fará falta usar máscara en espazos exteriores. Iso si, engadiu que iso será posible "se todos seguimos durante o próximas seis ou oito semanas coa prudencia que aconsella a situación"

Xente paseando con máscaras en Pontevedra
Xente paseando con máscaras en Pontevedra / Mónica Patxot

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou estar "convencido" de que a partir do próximo verán, concretamente "alá polo mes de xullo ou agosto" xa non fará falta usar máscara en espazos exteriores.

Iso si, Núñez Feijóo engadiu que iso será posible "se todos seguimos durante o próximas seis ou oito semanas coa prudencia que aconsella a situación".

Esta responsabilidade por parte da cidadanía permitiría "ir mudando a máscara pola face" ao aire libre e empezar outra vez "para poñer cara a todas as persoas que imos pola rúa".

"En lugares pechados non será posible", vaticinou o presidente galego ao remate dun acto celebrado en Santiago.