Núñez Feijóo ve "razoable" adiantar aínda máis o toque de queda e facer confinamentos "parciais"

Pontevedra
15 de xaneiro 2021

Para o presidente da Xunta de Galicia "non é un disparate" a posibilidade de adiantar aínda máis o toque de queda se as comunidades así o piden. Considera "razoable" que España poida situalo ás seis da tarde, como fixeron países como Francia

Alberto Núñez Feijóo e Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación
Alberto Núñez Feijóo e Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación /

Para o presidente da Xunta de Galicia "non é un disparate" a posibilidade de adiantar aínda máis o toque de queda se as comunidades así o piden. Considera "razoable" que España poida situalo ás seis da tarde, como fixeron países como Francia.

Iso si, para iso o Goberno debería modificar o decreto de estado de alarma. Alberto Núñez Feijóo afirmou que o executivo de Pedro Sánchez "ten que atender" ás demandas das autonomías, que son as que están "a padecer e xestionando" a pandemia da covid-19.

A través do estado de alarma, dixo Núñez Feijóo, as comunidades deben poder adoptar maiores restricións "se teñen argumentos epidemiolóxicos para facelo".

Por agora, o Goberno sitúa de modo xeral este toque de queda ás 23:00 horas, aínda que permite elixir as comunidades se adiantalo ás 22.00 horas, como fixo Galicia, ou atrasalo ata as doce da noite.

O presidente galego, que acompañou este venres ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, na súa visita a Santiago, defendeu tamén que as autonomías poidan ordenar confinamentos parciais, municipais ou provinciais se o necesitan.

No caso de Galicia, segundo apuntou, "de momento", non sería preciso a pesar de que recoñece que "a todos nos sobrecolle o incremento exponencial" de  contaxios durante esta terceira onda da covid-19 que se está "expandindo con moita máis rapidez e progresión".