O 2023 foi "un ano de récord" para Sanxenxo, segundo a empresa Civitatis

Sanxenxo
10 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A plataforma acaba de facer un público un estudo no que destacan que, o ano pasado, o municipio "obtivo un 47,9% máis de visitantes que en 2022". O maior pico de visitas, destacan, foi no mes de xullo  

Xente no paseo de Silgar un día de inverno
Xente no paseo de Silgar un día de inverno / Concello de Sanxenxo

O 2023 foi un "ano de récord" en Sanxenxo, segundo sinala a empresa líder na venda de visitas guiadas e excursións en español por todo o mundo, Civitatis.

A plataforma acaba de facer un público un estudo no que destacan que, o ano pasado, o municipio "obtivo un 47,9% máis de visitantes que en 2022". O maior pico de visitas, destacan, foi no mes de xullo.

Ademais deste incremento nos circuítos que ofrece a empresa no municipio, observou tamén un crecemento do 37,9% no interese dos turistas polo destino.

No mesmo estudo indícase que non só aumentaron as cifras de visitantes a Sanxenxo, senón que tamén mellorou a satisfacción entre os turistas, superando o 90% das valoracións recibidas as catro estrelas sobre cinco.

Finalmente, segundo os datos recolleitos pola empresa durante o 2023, apréciase que as parellas foron o grupo poboacional que máis visitou o municipio a través da plataforma cun 42,2%, seguido dos amigos cun 23,3%.