O 26 de outubro, folga no ensino contra as reválidas

Pontevedra
24 de outubro 2016

A Federación provincial de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Fanpa) acordou na súa Xunta Directiva sumarse á convocatoria de folga realizada polos alumnos xunto con CONFAPA-GALICIA e CEAPA e asistirá á manifestación que terá lugar en Pontevedra o vindeiro día 26 na Praza da Peregrina, ás 18.00 horas

Aula dun colexio de Pontevedra
Aula dun colexio de Pontevedra / Mónica Patxot

A Federación provincial de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Fanpa) acordou na súa Xunta Directiva sumarse á convocatoria de folga realizada polos alumnos xunto con CONFAPA-GALICIA e CEAPA e asistirá á manifestación que terá lugar en Pontevedra o vindeiro día 26 na Praza da Peregrina, ás 18.00 horas.

Esta Federación fixo un chamamento á mobilización da comunidade educativa "contra a intención de destruír un modelo educativo de calidade e equidade dos gobernos estatal e autonómico", din nun comunicado.

A Fanpa pide á cidadanía que participe nas mobilizacións que se convocan con motivo da folga xeral educativa de tódalas ensinanzas e etapas, á que están chamados todos os sectores:  alumnado, familias, docentes e persoal dos centros educativos e universitarios, que confluirán en diversas concentracións e manifestación por toda Galicia.

O presidente da Fanpa, Rogelio Carballo, participará este martes nunha rolda de prensa xunto a Cristobal Salgueiro, responsable do sector de Ensino de UGT de Pontevedra; Nuria Berdei Montero, responsable do sector de Ensino de CCOO de Pontevedra e Francisco Castro representante do sindicato STEG.

Dende a Fanpa apuntaron dez razóns para que os pais fagan folga contra as reválidas:

  1. Son  un  modelo pedagóxico arcaico.
  2. Os nosos fillos quedasen  fose  do  sistema  educativo.
  3. Deslexitiman ao docente.
  4. Son realizadas por persoas alleas aos nosos fillos.
  5. Negásenlles unha titulación aos nosos estudantes.
  6. Frean o acceso ao Bacharelato e a Universidade.
  7. Están  cuestionadas por toda a Comunidade  Educativa.
  8. Buscan un negocio para uns poucos.
  9. Son  precarias e sen tempo de preparación.  
  10. Loitamos por a educación dos nosos fillos