O 7 de xaneiro aprobarase o orzamento municipal para 2015

Pontevedra
29 de decembro 2014

Este luns finalizou o prazo de presentación de emendas e a única que se presentou a este documento é a que xa anunciara o Partido Popular. Trátase dunha emenda á totalidade, ao entender os populares que "non é o presuposto que necesita Pontevedra"

Miguel Anxo Fernández Lores e Antón Louro presentando o orzamento 2015 Mónica Patxot

Xa hai data para o Pleno extraordinario no que se aprobará o presuposto municipal de Pontevedra para 2015. Será o xoves 7 de xaneiro no Teatro Principal.

Este luns finalizou o prazo de presentación de emendas e a única que se presentou a este documento é a que xa anunciara o Partido Popular. Trátase dunha emenda á totalidade, ao entender os populares que "non é o presuposto que necesita Pontevedra".

O presuposto municipal, que xa está nos seus últimos pasos de tramitación, será aprobado en todo caso grazas aos votos de BNG e PSdeG-PSOE.

Ascenderá a 69,5 millóns de euros, un 5% máis que este ano. Entre outras cuestións, destacan polo notable aumento no capítulo de investimentos directos, un 45% máis, ao crecer ata os 11,2 millóns de euros.