O alcalde de Bueu, cos veciños de Ons na súa loita contra a candidatura da illa a Patrimonio da Humanidade

Bueu
05 de setembro 2019

Os vogais dos grupos municipais de Bueu reuníronse para debater sobre varios asuntos de cara ao comezo do curso político. O tema principal foi a solicitude dos veciños na retirada do apoio á declaración da illa de Ons como Patrimonio da Humanidade

Reunión dos voceiros de Bueu
Reunión dos voceiros de Bueu / Concello de Bueu

Os vogais dos grupos municipais da corporación de Bueu reuníronse para debater sobre diversos asuntos de fronte ao comezo do curso político.

O tema central foi o a proposta dos veciños de Ons na que solicitan a retirada do apoio da corporación á declaración da illa como Patrimonio da Humanidade. O alcalde, Félix Juncal, adiantou ao final da reunión que apoiarán o escrito da asociación mentres non se respecten os dereitos e reivindicacións da veciñanza.

Outro dos temas que se trataron foi o da convocatoria da mesa de negociación sobre a Mesa Local de Sanidade e a Banda do Rio.

Na de sanidade haberá representación por parte dos catro grupos da corporación, do centro de saúde, a Concellería de Sanidade e a Plataforma de Sanidade e, na segunda, os representantes políticos e a plataforma de veciños e da asociación veciñal expoñerán as súas posturas para a mellora integral do barrio, proceso que xa se iniciou no anterior mandato.

Pola súa banda, o vicealcalde Julio Villanueva presentou as alegacións da cidadanía ao borrador do Regulamento de Participación Cidadá, que estivo a exposición pública o pasado mes de agosto.

Por último, acordáronse os festivos locais para o ano 2020, quedando o 16 de xullo (festividade do Carme) e o 11 de novembro (día de San Martiño).