O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, enviou unha mensaxe de solidariedade co pobo mexicano ante o sismo rexistrado durante as últimas horas, de 7,1 graos, que provocou máis de 200 mortes.
Fernández Lores manifestaba que se senten moi preocupados ante esta catástrofe natural e máis neste caso porque en Cidade de México tanto o alcalde como un grupo de empresarios da cidade realizaron unha misión comercial a finais de agosto establecendo contacto con numerosas persoas ao longo de dez días.
"Moito ánimo a todos os mexicanos", comentaba o alcalde da cidade, que agardaba que fora menos grave que a que sufrira a Cidade de México hai 32 anos cando se rexistraron milleiros de mortos. "Estamos en contacto e solidarizándonos con eles", indicou Fernández Lores en referencia ás persoas que coñeceron na viaxe ao país de América meridional.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.