Luisa Piñeiro podería ter xa substituto á fronte da delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra. Todo apunta a que Luís López, alcalde de Rodeiro, será o elixido.
Fontes deste consistorio pontevedrés avanzan que López, que goberna esta localidade con maioría absoluta desde 2011, será quen pase a desempeñar este cargo.
Espérase que o goberno galego anuncie a súa decisión nas próximas horas.
Luís López ten 42 anos e é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Accedeu á corporación municipal de Rodeiro en 2003, como concelleiro de Educación e Deportes. Desde 2011 é alcalde deste municipio da comarca do Deza.
Ademais, actualmente é deputado do PP na corporación provincial cargo do que, de confirmarse o seu novo destino, tamén terá que renunciar.
A elección do novo delegado da Xunta en Pontevedra precipitouse tras a dimisión de Luisa Piñeiro, por mor da sentenza do xulgado do penal número 3 de Pontevedra que a condenou a dous anos cárcere e oito de inhabilitación para cargo público.