O alumnado de Caldas aprende a combater o machismo nas redes co obradoiro "Youtube e xénero"

Umia
12 de maio 2021

Os participantes aprenderon durante as dúas horas de duración da sesión para ter un pensamento máis crítico sobre dos contidos que consomen a diario na internet

Obradoiro sobre machismo en redes sociaise un colexio de Caldas
Obradoiro sobre machismo en redes sociaise un colexio de Caldas / Concello de Caldas

O Concello de Caldas de Reis, a través da concellería de Igualdade que dirixe Inés Fuentes, desenvolveu esta semana un o taller Youtube e Xénero dirixido ao alumnado de 4º de ESO dos centros educativos do municipio: IES Aquis Celenis, CPI Alfonso VII e CPR San Fermín.

O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar á poboación máis nova sobre a necesidade de facer un bo uso desta redes sociais.

A través destes talleres pretenden dar a coñecer os conceptos básicos para entender o sistema heteropatriarcal no que vivimos e ver en que nos condiciona no noso día a día, detectar mensaxes ou condutas nocivas na rede e saber como actuar en cada caso, así como dar as claves para a creación de espectadores críticos, capacitar ao alumnado para que sexa dono do que elixe ver na internet e facilitar recursos con mensaxes e contidos con perspectiva de xénero.

Durante as dúas horas de duración do taller o alumnado aprendeu o que é o machismo, o sistema patriarcal e os roles e estereotipos de xénero que se perpetúan a través da rede.

A metodoloxía dos talleres contou cunha parte máis teórica na que se deron a coñecer os conceptos básicos relacionados con cuestións de xénero e unha segunda parte na que a través de varias dinámicas e visionados participativos buscouse a reflexión sobre os contidos que consumido a través da rede.