O alumnado do Carlos Oroza analiza o que pasa cando se nace nun molde "equivocado"

Pontevedra
09 de xuño 2021

Estudantes do CIFP Carlos Oroza participaron esta mércores nunha charla-coloquio arredor da obra de teatro xuvenil 'Identidade', na que se trata temas sobre diversidade, liberdade e relidade trans, impartida polo seu autor, Nee Barros Fernández. Esta actividade formativa enmárcase dentro do ciclo 'Transformando o Mundo', que promove a concellería de Igualdade

Nee Barros, autor da obra 'Identidade'
Nee Barros, autor da obra 'Identidade' / Concello de Pontevedra

Estudantes do CIFP Carlos Oroza tiveron a oportunidade de participar este mércores nunha charla-coloquio ao redor da obra teatral 'Identidade', na que se tratan temas como a diversidade, a  libertada e a realidade  trans. O autor Nee Barros Fernández explicaba despois ao alumnado os conceptos básicos relacionados coa realidade LGTB.

Esta actividade forma parte do ciclo 'Tranformando ou Mundo', que promove a concellería de Igualdade, que dirixe  Yoya Blanco, coa intención de levar a realidada LGTBIQ+ aos centros educativos de ensino secundario.

A sesión iniciábase coa proxección dun vídeo e despois establecíase unha conversación sobre o contido no que se narra a historia de Zé, unha persoa que loita para construír a súa propia identidade.

Nee Barros, o autor, deseñou unha unidade didáctica sobre o teatro en Pontevedra coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e conta cunha canle divulgativa en Youtube

Estas sesións formativas desenvolveranse ao longo desta semana no IES Montecelo e no Sánchez Cantón. En setembro está previsto que tamén se trasladen ao CIFP A Xunqueira e aos centros IES Torrente Ballester, A Xunqueira II e FreiMartín Sarmiento.