O alumnado do IES de Poio documenta o marisqueo no filme "Co devalar"

Poio
30 de xuño 2017

A película foi realizada baixo a supervisión do cineasta Ángel Santos no marco do proxecto "Cinema en curso"; impulsado pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co obxectivo de achegar a pedagoxía do cine ao centros de ensino

Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia / Culturmar

O alumnado de 4º da ESO do IES de Poio aproveitou a celebración do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en Combarro para presentar "Co devalar". Un filme sobre o marisqueo no municipio, que documenta todo o proceso de extracción de bivalvos a pé: desde o traballo na zona da Seca, ata a chegada do marisco á lonxa e a súa venda na rula  

A película foi realizada baixo a supervisión do cineasta Ángel Santos no marco do proxecto "Cinema en curso"; impulsado pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co obxectivo de achegar a pedagoxía do cine aos centros de ensino.

Durante todo o curso, os estudantes tiveron á súa disposición un equipo de gravación profesional; que lles permitiu sacar adiante un proxecto "de moito traballo"; pero que, máis aló de aprendizaxes técnicas; ten contribuído a fomentar a colaboración en equipo e valores como a "capacidade de diálogo, a paciencia, e o debate san para ser capaces de chegar a un acordo".

EUSKAL HERRÍA

Ademáis nesta xornada a delegación vasca que estes día visita o Encontro de Combarro foi a protagonista. O Pavillón do Patrimonio da Chousa está a servir de exemplo aos convidados de Pasaia; que beben da experiencia galega de cara á organización do que será o primeiro Festival Marítimo de Euskal Herria, previsto para ano que vén.

Así presentaron tanto do propio Festival Marítimo de Pasaia 2018, como do libro "Euskal Herria marítima a la vista de la nao San Juan".

ANA PONTÓN

Tamén a voceira do Bloque Nacionalista Galego achegouse ata Combarro para visitar o XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Ana Pontón percorreu o Pavillón do Patrimonio acompañada polo presidente de Culturmar, Manolo Sendón; o presidente do Club Mariño A Reiboa, Joaquín Fabeiro; o alcalde de Poio, Luciano Sobral; e outros edís do Concello de Poio.

Tamén conversou coa alcaldesa de Pasaia e coa responsable de Turismo da Deputación de Guipúzcoa.