O alumnado do Sánchez Cantón celebra a súa versión do concurso "Tu cara me suena"

Pontevedra
20 de decembro 2021

Do mesmo xeito que o curso pasado o concurso celebrouse en formato en liña polo protocolo Covid. Graváronse os vídeos doutros tantos participantes despois dun casting previo e foi a comunidade educativa a través de votacións, a que elixiu os seus tres gañadores

IES Sánchez Cantón
IES Sánchez Cantón / IES Sánchez Cantón

Un ano máis o alumnado do instituto Sánchez Cantón tivo a oportunidade de asistir á final de "Tu cara me suena", unha actividade está patrocinada polo ANPA "O Verxel". 

Do mesmo xeito que o curso pasado o concurso celebrouse en formato en liña polo protocolo Covid. Graváronse os vídeos doutros tantos participantes despois dun casting previo e foi a comunidade educativa a través de votacións, a que elixiu os seus tres gañadores. 

Tras a votación en liña quedou en primeiro lugar Luís Fernández que imitou a Frank Sinatra con "My way"; en segundo lugar: Ana Divos que imitou a Nino Bravo con "Un beso y una flor" e en terceiro lugar para dous grupos que quedaron empatados: Javier Hermida que imitou a Elvis Presley "Can´t Help Falling in Love" e Alicia Penide, Jose Luís Penide, Aldara Ortega e Mar Gómez coa imitación de "Barbie Girl" de Aqua.

A entrega de premios terá lugar no Paraninfo do IES Sánchez Cantón este martes. Os tres gañadores repetirán a súa actuación e haberá algunha sorpresa máis. 

O alumnado seguirá estas actuacións desde as súas aulas nas pantallas, porque se retransmitirá en directo vía streaming.