O Animatrón enche o parque das Palmeiras de nenos con ganas de festa

Pontevedra
01 de agosto 2017

Un novo programa integrado nas Festas de Verán de Pontevedra deu comezo este martes. Trátase do Animatrón, unha oferta de xogos e actividades de lecer para os máis pequenos que encheu de diversión o parque das Palmeiras

Animatrón
Animatrón / Cristina Saiz

Un novo programa integrado nas Festas de Verán de Pontevedra deu comezo este martes. Trátase do Animatrón, unha oferta de xogos e actividades de lecer para os máis pequenos que encheu de diversión o parque das Palmeiras.

Así, os máis pequenos teñen unha cita obrigada con este programa aberto de lecer infantil que promove o Concello de Pontevedra.

Durante tres horas, entre as 18.00 e as 21.00 horas, hai actividades de animación con zancudos, pallasos o monociclistas, actuacións con xogos musicais ou de maxia e obradoiros temáticos.

O Animatrón estenderase ata o próximo venres 4 de agosto.