O Apalpador volverá visitar Marín durante o último día de 2015

Pontevedra
28 de decembro 2015

Será a partir das 17.00 horas cando percorra as rúas de Marín saudando á rapazada e repartindo doces, acompañado dos seus fieis músicos

Posto do Apalpador en Marín
Posto do Apalpador en Marín / Concello de Marín

O vindeiro xoves 31 de decembro, o Apalpador visitará Marín outro ano máis. Será a partir das 17.00 horas cando percorresen as rúas de Marín saudando aos máis pequenos e repartindo dolces, acompañado dos seus fieis músicos.

Ás 18.00 horas, chegará á carpa da Feira de Artesanía, que se atopa na Alameda Rosalía de Castro, onde fará entrega dos premios do concurso de Debuxos "Debuxando ao Apalpador".

Ata o día 30, os escolares poderán levar os seus traballos á carpa onde xa se pode ver unha numerosa cantidade de debuxos que se atopan expostos, segundo informan desde o Concello de Marín. Os interesados poderán facerse unha foto facendo de Apalpador cunha imaxe do tradicional carboeiro.

O Apalpador é un personaxe mítico das zonas da alta montaña de Lugo ao que tamén se coñece como Apalpabarrigas ou Pandigueiro. Este carboeiro caracterízase polo seu gran tamaño. Ao terminar o ano baixa da súa escura morada para visitar aos escolares e chega cando dormen, lles "apalpa" a barriga para saber se están fartos ou se teñen fame. E sempre deixa algún agasallo.