A empresa Empark reabriu este sábado de xeito parcial o aparcadoiro de Monteiro Ríos, pechado hai xa unha semana a causa dos danos ocasionados polo incendio dun vehículo.
Dende as 12:00 horas deste sábado residentes e subscritores poden acceder ás instalacións, ao terse habilitado a planta destinada para este efecto.
Non obstante a empresa que xestiona as instalacións atrasou un pouco máis a data para a apertura total do aparcadoiro ata finais da próxima semana.
Nesa data Empark confía poder abrir dúas das plantas, se ben a zona máis afectada polo incendio permanecerá pechada, ao ser os danos de máis consideración que os inicialmente previstos.
O único acceso habilitado para abonados e residentes é a entrada pola rúa Raíña Victoria.