O aparcadoiro do porto volve ofrecer gratis a primeira hora de estacionamento

Sanxenxo
02 de outubro 2017

A primeira hora de estacionamento no aparcadoiro situado no porto deportivo Juan Carlos I é de balde dende este luns 2 de outubro. O goberno local considera que esta medida e beneficiosa para comerciantes e hostaleiros

Parking da Praza do Mar de Sanxenxo
Parking da Praza do Mar de Sanxenxo / Mónica Patxot

A primeira hora de estacionamento no aparcadoiro situado no porto deportivo Juan Carlos I é de balde dende este luns 2 de outubro.

O goberno local considera que esta medida e beneficiosa para comerciantes e hostaleiros, entre outros sectores, xa que favorece que tanto veciños como visitantes dispoñan dun espazo para deixar os seus vehículos no centro da vila de Sanxenxo sen custe algún.

Aplicarase de luns a domingo durante as 24 horas do día

Isto non conllevará cambios no uso do parking xa que os usuarios deberán retirar igualmente o correspondente ticket ao acceder ao equipamento e só comezará a tarificarse a partirse do minuto 61.

Esta iniciativa aplicarase ao longo de todo o ano, de luns a domingo durante as 24 horas do día, quedando excluída soamente a tempada de verán.