Este luns, 24 de novembro, comezan os arranxos dos valos da Ponte das Correntes, na rotonda da avenida de Domingo Fontán. Trátase dun traballo que se prolongará durante varios días e que non obrigará cortes de tráfico nesa contorna.
Os traballos iniciaranse co desmonte das pezas que se encontran danadas e que non cumpren a súa función para continuar coa posterior instalación doutras novas. Esta reparación pódese prolongar ao longo de toda a semana.
Algúns destes valos de protección encóntranse rotos debido aos accidentes de tráfico que se teñen rexistrado na rotonda. Segundo informa o goberno local, o Concello xa realizara traballos de mantemento constante acometendo arranxos coa substitución das pezas deterioradas durante os últimos anos.