O asfaltado de Padre Gaite completa a reforma da rúa Cruz Vermella

Pontevedra
06 de marzo 2019

Aproveitando a xornada festiva deste Mércores de Cinza, completáronse as obras de reforma da rúa Cruz Vermella. Foi co asfaltado de Padre Gaite. Esta actuación obrigou a cortar a rúa entre as oito e media da mañá e as oito da tarde. Só se permitía o acceso aos garaxes

Obras de asfaltado de Padre Gaite
Obras de asfaltado de Padre Gaite / Diego Torrado

Aproveitando a xornada festiva deste Mércores de Cinza, os operarios da empresa COVSA completaron as obras de reforma da rúa Cruz Vermella. Foi co asfaltado de Padre Gaite.

Esta actuación obrigou a cortar a rúa entre as oito e media da mañá e as oito da tarde. Só se permitía o acceso aos garaxes, baixo a supervisión dos traballadores.

Con todo, cabe a posibilidade de que para acometer unha serie de remates no cruzamento con Fernando Olmedo, esta zona siga pechada na mañá deste xoves ata o mediodía.

De ser o caso, os residentes e os vehículos que fagan operacións de carga e descarga poderán acceder por Casimiro Gómez.

A reforma de Padre Gaite era unha das dúas melloras incluídas dentro do proxecto de remodelación de Cruz Vermella. A outra era a reordenación da praza da Castaña. Nelas, o Concello investiu case 1.2 millóns de euros.