O asfaltado de Ribeira dos Gafos farase o próximo 2 de agosto

Pontevedra
24 de xullo 2024

Sete rúas da cidade experimentarán a próxima semana un cambio no seu aspecto. En todas elas están previstos traballos de asfaltado para solucionar as deficiencias que presentan as súas respectivas calzadas

Obras de asfaltado en Eduardo Pondal
Obras de asfaltado en Eduardo Pondal / PontevedraViva

Sete rúas da cidade experimentarán a próxima semana un cambio no seu aspecto.

En todas elas están previstos traballos de asfaltado para solucionar as deficiencias que presentan as súas respectivas calzadas.

Todas estas obras desenvolveranse entre o 31 de xullo e o 5 de agosto, segundo explicou este mércores o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

Unha das actuacións máis agardadas, o asfaltado de Ribeira dos Gafos, farase o próximo venres 2 de agosto, segundo consta na planificación aprobada pola Xunta de Goberno.

O resto de rúas nas que se actuará nesta nova xeira de actuacións de mellora son o Camiño Vello de Castela, Ponte Nova, Otero Pedrayo desde a estación de autobuses ata O Marco, a Rúa da Seca na intersección coa ponte do tren, Bibiano Osorio y Tafall e Ramón Peña.