O atraso na demolición do Mercado de Cantodarea, un problema para os veciños

Marín
28 de agosto 2022

A asociación veciñal A Fonte critica que aínda non se realizou a demolición do antigo mercado de Cantodarea, en Marín. Non entenden se se trata de "ineficacia, ineptitude ou cinismo político do actual equipo de goberno" que leva doce anos "ilusionando a un barrio cunha promesa xa incumprida"

Antiguo Mercado de Cantodarea
Antiguo Mercado de Cantodarea / Asociación Veciñal A Fonte

A asociación veciñal A Fonte critica que aínda non se realizou a demolición do antigo mercado de Cantodarea, en Marín.

Non entenden se se trata de "ineficacia, ineptitude ou cinismo político do actual equipo de goberno" que leva "doce anos ilusionando a un barrio cunha promesa xa incumprida e prometida en todos os programas electorais".

"É dun cinismo escandaloso ocupar páxinas e páxinas de medios de prensa con promesas incumpridas con tal de manter o 'fotocall' do Concello en primeira plana", engaden desde este colectivo.

Din que se lles prometeu que retirarían o mobiliario urbano pero converteuse nun "fogar de roedores, pulgas, chinches e excrementos", un "segundo estercolero na entrada superior de Marín".

Un exemplo de "desidia, ineptitude e desprezo" segundo os veciños de Cantodarea e Estribela, que esixen que se emprendan as accións necesarias para "solucionar este esperpento e satisfacer as mínimas necesidades de esparexemento nunha zona de recreo acondicionada para o efecto".