O aumento de contaxios segue desbocado

Pontevedra
12 de xullo 2021

O Servizo Galego de Saúde notifica este luns 869 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 83 casos activos máis que onte domingo

Unha persoa manipulando unha xiringa
Unha persoa manipulando unha xiringa /

O Servizo Galego de Saúde notifica este luns 869 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 83 casos activos máis que onte domingo.

Tan só no concello de Pontevedra hai 211 casos activos, 24 máis que o domingo.

O número de pacientes hospitalizados mantense en doce persoas atendidas na área sanitaria, todos eles no Hospital Montecelo. Oito deles están hospitalizados en planta e outros catro están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).

O resto dos que contraeron o virus atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.

Desde o inicio da pandemia 14.393 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19.

Durante a pandemia rexistráronse 181 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 259.366, nas últimas 24 horas fixéronse 1.296. 

A estas probas súmanse as 90.224 probas de antíxenos e outras 95.717 probas de detección realizadas ata a data.

Para este luns están convocadas 2.550 persoas no Recinto feiral de Pontevedra e outras 1.927 en Fexdega para ser vacinados con AstraZéneca.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.058 deles 957 son da área da Coruña, 467 da de Lugo, 980 da de Ourense, 869 da de Pontevedra, 1.058 da área de Vigo, 535 da de Santiago e 192 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 4.992 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.775 persoas curadas, rexistrándose 2.439 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.240.822.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.106.763.