A Cea-Baile de Gala da Peregrina, que organiza o Liceo Casino de Pontevedra, volveu encher de cor o Parque de Verán da Caeira. Preto de 4.000 asistentes luciron as súas mellores galas: vestido longo "que como mínimo cubra os nocellos" para elas e smoking ou uniforme de gala para eles, tal e como indicaban as normas de vestimenta que, para esta cita anual, publica o Liceo Casino.
Este ano realizaron a súa "posta de longo" un total de 19 mozas: Raquel Abeledo Iglesias, Natalia Agrelo Barros, Elena Baltar Castellón, Paula Barros Jiménez, Adela Bellido Guerra, Alejandra Blanco Crespo, Ana Brea Rivas, María Cuartero Mariño, Uxía García Fernández, Sonia Gil Pérez-Gorostiaga, Paloma Larios Pardilla, María Martínez Prieto, Patricia Mediavilla Pardilla, Míriam Murugarren Pérez, Carlota Nalda Roca de Togores, Inés Piñeiro Garcia-Tuñón, Claudia Ruiz Rodiño, Ana Suárez Fábregas e Clara Villaverde Estévez.
As mozas foron chamadas unha a unha por megafonía para ocupar a pista de baile, acompañadas polos seus padriños. Desta maneira, cumprían o ritual de "presentarse en sociedade" da man de: Manuel Abeledo Fernández, Jesús Agrelo Castaño, Ernesto Baltar San Martín, Jorge Barros Velázquez, Íñigo Bellido Fonseca, Santiago Blanco Durántez, Óscar Rivas Teruelo, Miguel Cuartero Lorenzo, Manuel Fernández Palmeiro, José Miguel Gil Mayoral, Guillermo Pardilla Santolaya, Enrique Martínez Chamorro, Fernando Mediavilla Basave, Antonio Murugarren Inés, Jorge Nalda Loureiro, Luis Piñeiro Santos, Carlos Ruiz García, Carlos Suárez Rey e Luis Romero de Francisco.
O baile foi amenizado pola Orquestra Chattanooga, na pista principal, dirixida polo mestre Patxi Urchegui. Unha segunda pista foi habilitada para acoller unha escolma de música pop e disco da man de Jamar Audio Dj´s.
Previamente, a cea foi o punto de encontro para un bo número comensais. En total, servíronse 572 ceas. O menú para a ocasión constaba de: salmón afumado estilo mediterráneo con aguacate e mango; zamburiñas mariñadas con raviños envinagrados e perlas de lima; medallóns de lumbrigante nacional sobre vinagreta dos seus corais e redución de framboesa; e suprema de tenreira galega con salsa de trufa, bombón de foie, emulsión de pataca ao ceboliño e trigueiros salteados. Como sobremesa, serviuse unha bavaroise de laranxa con núcleo de trufa e biscoito de macadamia. Todo iso baixo a supervisión do chef Rubén González.
Como anfitrións, o presidente do Liceo Casino, Jaime Olmedo, e a súa xunta directiva, que contaron coa presenza de numerosas autoridades. Entre outras, o subdelegado de Defensa, Ángel de Miguel; o comandante director da Escola Naval Militar, Ignacio Cuartero; o presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez; e o presidente da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro.