O balcón do Concello seguirá expresando a súa opinión

Pontevedra
31 de marzo 2014

Dende o ascenso do Pontevedra, pasando polo "Nunca máis", "Non ao terrorismo", apoios aos afectados polas preferentes, ata a última pancarta en favor do dereito ao aborto, o balcón da fachada da Casa Consistorial foi voceiro de distintas emocións, lemas e opinións, e segundo acordou o Pleno da Corporación de Pontevedra, seguirao sendo do mesmo modo

Pancarta en favor do aborto libre despregada no Concello de Pontevedra
Pancarta en favor do aborto libre despregada no Concello de Pontevedra / Mónica Patxot

Dende o ascenso do Pontevedra, pasando polo "Nunca máis", "Non ao terrorismo", apoios aos afectados polas preferentes, ata a última pancarta en favor do dereito ao aborto, o balcón da fachada da Casa Consistorial foi voceiro de distintas emocións, lemas e opinións, e segundo acordou o Pleno da Corporación de Pontevedra, "seguira a ser do mesmo modo".

O Partido Popular levou o asunto ao Pleno a raíz da última polémica suscitada pola pancarta do aborto que xerou unha campaña en Internet dun grupo católico. Os populares demandaron unha regulación sobre o uso do balcón municipal para lanzar proclamas políticas.

A moción dos populares foi rexeitada polos dous grupos no goberno local.