Foi unha das múltiples anécdotas que deixou o Desfile de Entroido de Pontevedra, a avaría do barco do Rey Urco.
O "Burla Negra" foi a pique coma o Titanic ao chegar á rúa Michelena, xusto cando pasaba fronte o monumento ao Loro Ravachol.
O contratempo afectou á marcha do desfile ata que o barco finalmente puido ser retirado, entre aplausos, pola praza da Peregrina.
Non será esta a última aventura do barco do pirata Benito Soto que promete seguir dando moita guerra nas festas da Boa Vila.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.