O Barco San Narciso e o Maio San Xulián obteñen os principais premios do Concurso en Marín

Marín
01 de maio 2023

O certame, organizado polo Ateneo Santa Cecilia e o Concello de Marín, chega aos setenta anos de celebración cun notable número de participantes. Os traballos foron expostos na Alameda durante este 1 de maio

 LXX Concurso de Maios e Embarcacións 2023 de Marín
LXX Concurso de Maios e Embarcacións 2023 de Marín / Concello de Marín

O Concurso de Maios e Embarcacións chegaba este ano ao seu setenta aniversario e o número de participantes foi moi elevado con gran nivel creativo e artístico, tal e como se puido comprobar na Alameda de Marín.

Os premios á mellor construción e mellor coroa foron para Maio San Xulián; no segundo caso compartido con Maio Mariñeiro (Sequelo). A mellor letra nesta categoría leváballa Maio Pequeniño (Inmaculada) e a mellor interpretación ía para Maio da Bruxa (S. Narciso).

No apartado de embarcacións, o primeiro premio á construción e á letra foi para Barco San Narciso. A mellor interpretación levoulla San Xian dos Ancoradouros.

As agrupacións recibiron os agasallos a cargo dos supermercados Froiz e Gadis. 

O Ateneo Santa Cecilia fai, ademais, unha especial mención a Ramón Aguilera, que mostrou a súa Maio elaborado totalmente con papel e materiais reciclados. O traballo foi cedido ao Ateneo Santa Cecilia e estará exposto no local desta institución coa exposición fotográfica con imaxes antigas dos Maios ata o 20 de maio.