O BNG leva ao Parlamento galego a autorización ambiental integrada de Ence

Pontevedra
13 de xaneiro 2017

O deputado nacionalista Luís Bará solicita a denegación da prórroga da Autorización Ambiental Integrada (AAI) por ser contraria ás determinacións das Directrices de Ordenacion do Territorio (DOT) ao Plan de Ordenación do Litoral (POL) e por incumprir a normativa galega e europea sobre augas residuais e emisións industriais

Luís Bará no escano formulando a pregunta ao Goberno galego
Luís Bará no escano formulando a pregunta ao Goberno galego / BNG

O deputado nacionalista Luís Bará solicita a denegación da prórroga da autorización ambiental integrada a Ence por ser contraria ás determinacións das Directrices de Ordenacion do Territorio (DOT) ao Plan de Ordenación do Litoral (POL) e por incumprir a normativa galega e europea sobre augas residuais e emisións industriais.

O grupo parlamentario do BNG, por medio do deputado pola provincia de Pontevedra Luís Bará, presentou un conxunto de iniciativas encamiñadas a esixir da Xunta o cumprimento da normativa galega en materia de urbanismo e ordenación do territorio, así como da normativa galega e europea en materia de vertedura de augas residuais e emisión industriais.

O BNG considera que con base a esta normativa non se pode autorizar a continuidade do complexo industrial de Ence en Lourizán nin aprobar a prórroga da autorización ambiental integrada.

Paralelamente á proposición non de lei, o BNG rexistrou no Parlamento unha serie de  preguntas no mesmo senso.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en