O BNG levará no seu programa expandir o modelo urbano "a todo o territorio municipal"

Pontevedra
25 de decembro 2014

Será unha das bases do programa do Bloque Nacionalista Galego na próximas eleccións municipais segundo o acordado pola candidatura que encabeza Miguel Anxo Fernández Lores

Membros da candidatura do BNG ao concello de Pontevedra
Membros da candidatura do BNG ao concello de Pontevedra

Estender o modelo urbano "a todo o territorio municipal" será unha das bases do programa do Bloque Nacionalista Galego na próximas eleccións municipais.

Así o estableceu o equipo da candidatura encabezada polo actual alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha reunión de traballo celebrada hai poucos días.

Entre as propostas que formula o BNG e que incluirá no seu programa electoral encóntrase a creación dun 'eixo-bulevar' de sur a norte, é dicir dende Salcedo ata Alba, no que se impoñería tráfico calmado e características urbanas.

O mesmo se pretende realizar no eixo este-oeste de Salcedo a Marcón ou na antiga estrada a Ponte Caldelas entre San Amaro e A Ermida.

Ademais acordouse realizar o estudo e deseño dunha rede peonil interparroquial "que recupere camiños tradicionais e manteña as súas características".

Por último a candidatura nacionalista incluirá entre os seus obxectivos converter a Pontevedra "nun referente no tratamento, recuperación e reutilización dos residuos" coa creación da polémica planta de compostaxe.