O BNG de Marín solicita ao Concello o peche dos parques infantís do municipio despois que Sanidade incluíse a Marín entre as zonas de especial restrición pola Covid-19. Os nacionalistas consideran que nestas instalacións é difícil evitar o contacto entre menores, por iso ven necesario "tomar todas as medidas que estean ao noso alcance para evitar a propagación do virus".
"Os parques infantís son espazos no que resulta complicado controlar a distancia ou o conctacto directo entre nenos", sostén a portavoz do grupo municipal do Bloque en Marían, Lucía Santos.
Así mesmo, realizan un chamamento á cidadanía para pedir responsabilidade e un estrito cumprimento das normas de prevención e hixiene.