O grupo municipal do Partido Popular solicitou por escrito o adiamento do pleno do próximo luns ao mediodía no que se votará o orzamento do Concello para 2016.
O motivo de tal solicitude é a citación médica que acaba de recibir o concelleiro popular, César Abal, que lle impediría asistir a esta transcendental sesión plenaria, ao implicar o seu ingreso hospitalario para someterse a unha cirurxía menor.
Tanto PP, como PSOE, Marea e Ciudadanos, que suman 13 concelleiros, anunciaron o seu voto en contra do orzamento.
A baixa dun só edil da oposición permitiría aos doce edís do BNG aprobar as contas presentadas polo goberno local, ao igualarse o número de concelleiros. O empate resolveríase co voto de calidade do alcalde.
Se non consegue o adiamento solicitado, o PP pedirá ao Bloque que teña a "cortesía" de levantar a un dos seus edís para equilibrar a votación.