O BNG presenta a Fran Leiro como candidato á Alcaldía de Sanxenxo

Sanxenxo
31 de marzo 2023

O próximo domingo día 2 de abril, as 12 da mañá, na casa mariñeira en Portonovo, terá lugar a presentación de Fran Leiro, candidato do BNG á Alcaldía de Sanxenxo

Fran Leiro Duarte, candidato do BNG en Sanxenxo
Fran Leiro Duarte, candidato do BNG en Sanxenxo /

O próximo domingo día 2 de abril, as 12 da mañá, na casa mariñeira en Portonovo, terá lugar a presentación de Fran Leiro, candidato do BNG á Alcaldía de Sanxenxo.

O acto comezará coa intervención de Sandra Fernández Agraso a anterior candidata que pásalle a responsabilidade a Fran Leiro tras catro anos na oposición sendo a portavoz do grupo municipal.

Continuará coa quenda de intervencións Montse Prado, deputada no parlamento galego, representante do Salnés e tras ela intervirá Ana Miranda, europarlamentaria. Por último falará Fran Leiro, candidato á Alcaldía. 

Francisco Leiro naceu en Portonovo hai 46 anos, onde reside actualmente xunto coa súa parella, a súa filla e o seu fillo; fala inglés, galego e castelán fluídos e desenvolvese en finés entre outros.

É enxeñeiro superior de telecomunicación, fixo o Erasmus en Finlandia e dende fai máis de 8 anos traballa como enxeñeiro nunha empresa de Vigo.

Comezou compaxinando os seus estudos co traballo na fábrica de xeo da familia en Portonovo, e ten traballado como enxeñeiro para o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galiza e para a Universidade de Santiago de Compostela.

"Coñezo a realidade do noso concello, tanto no ámbito administrativo como no socioeconómico, e vou da man dunha política coherente e responsábel, como é a política do BNG. Estou preparado para afrontar esta nova etapa, e quero contar coa participación e respaldo dos veciños e veciñas", asegura Leiro.